Cerdedo-Cotobade establece o plan de extinción de lumes máis grande da súa historia

O Concello, que está a intensificar os traballos de prevención, conta con 30 persoas entre as brigadas, operarios e Protección Civil
2020082813233362485
photo_camera Un dos desbroces que se fixeron no Concello de Cercedo-Cotobade. CEDIDA

Conformado por case unha trintena de efectivos propios (brigadas, operarios e Protección Civil) o operativo de prevención e extinción de lumes forestais do Concello de Cerdedo-Cotobade é o máis grande da súa historia. Ademais, tamén será o máis longo, xa que se acordou extendelo ata as portas do mes de novembro.

Grazas a un amplo convenio coa Consellería de Medio Rural, financiado con 100.000 euros, o Concello dispón de dúas brigadas completas conformadas por un xefe e catro peóns cada unha e outro equipo de tres operarios-condutores de vehículo motobomba. Ademais, o acordo coa Xunta contempla a participación específica de catro traballadores municipais para limpezas de viais e desbroces.

Deste xeito, o Concello estase afanando nas tarefas de prevención, con case 60 hectáreas desbrozadas entre o traballo realizado polo persoal municipal e polas brigadas, e tamén de vixilancia, unha labor na que colabora o Distrito Forestal e tamén a Agrupación de Protección Civil, integrada no equipo municipal contra os lumes neste verán.

O alcalde, Jorge Cubela, anunciou que os desbroces forestais tamén se ampliarán ata comezos de novembro para minimizar os riscos ao máximo.

Comentarios