Cerdedo-Cotobade licitou 2,2 millóns de euros en investimentos este ano

Os Baños de San Xusto e o Centro Sociocultural de Tenorio, o gasto máis elevado
Vista de una zona rural en el concello de Cotobade. ADP
photo_camera Vista de una zona rural en el concello de Cotobade. ADP

O Concello de Cerdedo-Cotobade licitou ao longo do presente exercicio, a través dos correspondentes concursos públicos de procedemento aberto, un total de 30 investimentos e servizos públicos por un importe global de 2.237.064 euros, segundo explicou o alcalde, Jorge Cubela.

As actuacións licitadas polo Concello de Cerdedo-Cotobade ao longo do presente ano 2019 centráronse na mellora da rede viaria municipal, con ata 15 concursos, pero chegaron prácticamente a todas as áreas, xa que tamén se convocaron estes procesos para infraestruturas deportivas e culturais, servizos públicos, programas sociais, atención xuvenil, parques infantís, Casas do Pobo, saneamentos, adquisición de vehículos e materiais, accións de aforro enerxético e dotación de novas tecnoloxías.

Entre todas as obras e servizos inmersos nos concursos públicos do Concello, destacan especialmente pola súa contía, ao rebasar o medio millón de euros, a rehabilitación dos Baños de San Xusto con 566.000 euros, e a construción do novo Centro Sociocultural de Tenorio, con 511.000. Ambas foron licitadas na recta final do ano e xa están adxudicadas, polo que o seu inicio é inminente e agárdase para comezos do novo ano.

PRÓXIMO ANO. As inversións da administración local compleméntanse con outras obras impulsadas pola Xunta que, segundo Cubela, "favorecern o dinamismo, a economía e o emprego, xa que son cartos que repercuten nas empresas e na sociedade". O alcalde indicou que a folla de ruta do goberno local para 2020 vai ir pola mesma liña e agarda mobilizar máis de 5 millóns de euros, entre investimentos propios e os procedentes da Xunta. Cubela asegurou que o Concello aposta "polos concursos públicos e a absoluta transparencia nas contratacións".

Comentarios