Cerdedo-Cotobade recupera os Baños de San Xusto

Feijóo ve na rehabilitación "unha clara aposta" pola conservación do patrimonio natural e cultural 
Javi 11.30h.-O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, comprobará a recuperación dos Baños de San Xusto (lugar de Barbeitos. Coordenadas: Google 42.5199529310105, -8.514202886616545 // DMS 42° 31' 11.831''N 8° 30' 51.13'' O) . Intervención aberta aos medios.
photo_camera Feijóo, xunto a outras autoridades, nos Baños de San Xusto. JAVIER CERVERA

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou a recuperación dos Baños de San Xusto en Cercedo-Cotobade como "un exemplo da aposta pola conservación do patrimonio natural e cultural" do Goberno autonómico a través dos Pactos pola Paisaxe. 

"Recuperamos unha paisaxe significativa para os veciños, situado nun enclave rodeado de elementos de grande interese", destacou o presidente na súa visita este mércores ás instalacións, onde reivindicou o deber de coidar "e preservar" a paisaxe "para as próximas xeracións"

No novo balneario recuperáronse as bañeiras e reconstruíronse tres muíños, un transformado en sauna

Feijóo recordou que, ao amparo do Pacto pola Paisaxe —asinado en 2019 co concello pontevedrés e "o primeiro posto en marcha en toda Galicia"—, púidose rehabilitar desde cero a central hidroeléctrica, "a primeira fábrica de luz de Pontevedra". Inaugurada en 1915, supón un "valioso expoñente do patrimonio industrial galego, que agora dará servizo como balneario". 

Segundo explicou a Xunta nun comunicado, tamén se recuperaron as bañeiras exteriores, onde foron instaladas novas pilas e mantéñense as antigas "como elemento ornamental". Así mesmo, rehabilitáronse as fontes e o depósito de auga, "descubríndose as augas termais da zona", e reconstruíronse tres muíños, un deles transformado en sauna. 

A casa do muiñeiro tamén foi reconstruída para acoller o almacén da caldeira de biomasa coa que funciona o balneario, foron mellorados os accesos con novas zonas de aparcadoiro e acondicionouse a contorna. 

Javi 11.30h.-Ou presidente dá Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado dá conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, comprobará a recuperación dous Baños de San Xusto (lugar de Barbeitos. Coordenadas: Google 42.5199529310105, -8.514202886616545 // DMS 42° 31' 11.831''N 8° 30' 51.13'' Ou) . Intervención aberta aos medios.

Comentarios