Cerrado o paseo fluvial de Ponte Caldelas ante as repentinas subidas do Verdugo

O río, que non cubre a zona da Calzada, medrou pola noite e mesmo derrubou unha farola
Verdugo
photo_camera O paseo da Calzada, coas novas indicacións de prohibición. DP

O río Verdugo, un dos que están desde o pasado día 21 baixo a alerta do 112 do Sistema Inungal por posibles desbordamentos, segue a preocupar aos veciños de Ponte Caldelas. O curso fluvial que atravesa a vila adoita acusar con rapidez os incrementos de caudal derivados das fortes choivas, de xeito que non é infrecuente que asolague o paseo ou a zona do Mercado de Abastos.

Nesta ocasión, aínda que non o fixo, o Concello vén de pechar ao tráfico e aos viandantes todo o paseo. O alcalde informa de que se fai como medida de prevención, tras observar que está a "subir e baixar con moita celeridade", o cal podería xenerar imprevistos e levar a situacións nas que non se puideran sacar os vehículos aparcados na zona de estacionamento, por exemplo.

Esta medida de precaución adóptase porque nos picos de crecemento, ademais, a corrente está baixando con moita forza. De feito, o cauce arrasou cunha farola durante a noite e causou outros desperfectos no mobiliario urbano. Do mesmo xeito, o alcalde pide precaución aos veciños e veciñas.

A Xunta mantén activada a alerta Inungal desde o día 21 para posibles desbordamentos en dez ríos distintos, dos cales, tres son da comarca de Pontevedra: o Lérez, ao seu paso pola capital; o Verdugo, no tramo de Ponte Caldelas, e este mesmo cauce e o do Oitavén, en Soutomaior.

Comentarios