Un ciclista resulta ferido tras caer por un desnivel de tres metros en Ponteareas

Foi evacuado a un centro hospitalario
2020030513051010793
photo_camera Imaxe dunha ambulancia. ARQUIVO

Un ciclista resultou ferido tras caer por un desnivel de tres metros mentres circulaba polo concello de Ponteareas.

Sucedeu as 13.30 horas deste mércores. Sobre esa hora o persoal sanitario informaba ao 112 Galicia dunha persoa ferida nun lugar de difícil acceso, concretamente, no lugar de Moscadeira.

Os feitos comunicáronse aos Bombeiros de Ponteareas e Vigo, aos axentes de la Garda Civil e Protección Civil da localidade. Unha vez no punto, os equipos de intervención puideron acceder ao ciclista e levalo nunha padiola ata a ambulancia onde, posteriormente, foi evacuado a un centro hospitalario.

Comentarios