Un ciclista que circulaba pola PO-308 á altura de Poio resultou ferido nun sinistro que se produciu arredor das 7.40 horas do sábado, cando un vehículo o embestiu por detrás á altura do cruce que dá á Travesía de San Xoán.
O ciclista foi atendido no hospital Miguel Domínguez de Pontevedra pola rotura de varias costelas e contusións como consecuencia do accidente, do que se están a estudar as causas. "Puido deberse a un exceso de velocidade ou a conducción desatendida, xa que a condutora do vehículo deu negativo na proba de alcoholemia", informou a asociación Pedaladas que reclama "unha vez máis" a "actuación da Xunta en toda a PO-308".