Ciudadanos abre o seu grupo local en Ponte Caldelas

Selene Domínguez Mariño será a coordinadora do partido laranxa no municipio

Selene Domínguez, con Laureano Bermejo. CEDIDA
photo_camera Selene Domínguez, con Laureano Bermejo. CEDIDA

Ciudadanos inaugurou este luns o seu grupo local en Ponte Caldelas con Selene Domínguez Mariño como coordinadora neste municipio, quen cualificou o seu equipo directivo como "un grupo de persoas comprometidas que se decidiron a dar un paso á fronte logo de vivir situacións que lles impulsaron a querer cambiar a forma de facer e entender a política". 

Segundo informa a formación laranxa, no acto de presentación da nova sede local participaron o secretario de organización do partido a nivel galego, Laureano Bermejo, e o portavoz provincial, Javier Alonso. 

A cabeza de Ciudadanos en Ponte Caldelas agradeceu aos presentes o seu apoio na posta en marcha do grupo e explicou que o proxecto se basea, sobre todo, no benestar dos veciños e nas súas preocupacións diarias". 

"Cremos nunha política de cara á cidadanía baseada na organización, o criterio e a solvencia", reivindicou Selene Domínguez, quen valorou a "importancia de reactivar a economía local e buscar novas oportunidades para Ponte Caldelas". 

Comentarios