Dúas persoas resultan feridas tras a colisión entre dous coches en Vilaboa

Para asegurar a vía e restablecer o tráfico, o 112 Galicia tamén alertou ao persoal de mantemento de estradas e ao Centro de Xestión de Tráfico.
Oficinas del 112. DP
photo_camera Oficinas del 112. DP

Dúas persoas resultaron feridas nun accidente entre dous coches no concello pontevedrés de Vilaboa.

O 112 Galicia recibiu as chamadas de varios particulares, arredor das nove da mañá, que alertaban dunha colisión por alcance entre dous vehículos na estrada N-550, no punto quilométrico 131, en Paredes. As persoas indicaban tamén que os turismos entorpecían a circulación da vía.

Así, os operadores do CIAE-112 informaron aos servizos sanitarios, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros do Morrazo e a Protección Civil de Vilaboa e de Soutomaior.

Finalmente, os membros de Protección Civil de Soutomaior comunicáronlle ao 112 que dúas persoas estaban a ser atendidas, no punto, polo 061.

Para asegurar a vía e restablecer o tráfico, o 112 Galicia tamén alertou ao persoal de mantemento de estradas e ao Centro de Xestión de Tráfico.