Unha colisión múltiple en Vilaboa deixa catro feridos leves, dous deles menores

O accidente tivo lugar na intersección da N-550 coa N-554, ao fío das 19:50 horas

Catro persoas resultaron feridas leves, entre eles menores, nunha colisión na que se viron implicados tres coches durante a tarde deste xoves en Vilaboa.

Segundo puido saber o 112 Galicia, o accidente tivo lugar na intersección da N-550 coa N-554, ao fío das 19:50 horas.

Unha dotación do 061-Urxencias Sanitarias xa estaba en camiño e desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil de Vilaboa e dos Bombeiros do Morrazo e de Pontevedra.