Os comuneiros de Vilaboa retan ao "grafiteiro covarde"

A asociación 'animan' ao crítico co seu traballo a que asista a unha reunión

Unha das pintadas aparecidas no patrimonio social. COMUNIDADE DE MONTES DE VILABOA
photo_camera Unha das pintadas aparecidas no patrimonio social. COMUNIDADE DE MONTES DE VILABOA

A Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa denunciou este mércores unhas pintadas aparecidas en distintos puntos do municipio nas que se critica o labor da propia asociación veciñal.

Os comuneiros destacan a "covardía" do autor das mesmas, quen "se ampara na noite, e no anonimato" para estragar "bens de todos os veciños". "O dano non llo estan facendo a Comunidade de Montes, fanllo o patrimonio social", aclaran.

Ademais, os comuneiros retan ao 'grafiteiro' a que, se ten algunha crítica que facer, empregue medios mellores e máis "educados" para facelo, como a asistencia a unha das súas reunións: "Reunímonos moitos martes a partir das 20.00 horas no local de montes, en Outeiro 14 (O Picho), e pode pasar por ali para falar con nós. Sempre estamos dispostos a recibir e falar con calquera veciño ou comuneiro".

Estes feitos xa foron postos en coñecemento da Guardia Civil, que será a encargada de esclarecer a autoría das "covardes" pintadas.

Unha das pintadas aparecidas no patrimonio social. COMUNIDADE DE MONTES DE VILABOA (2)

Comentarios