O Concello de Poio iniciará as retransmisións en 'streaming' no vindeiro pleno

Esta semana estrearase a medida, aprobada a inicios de 2019 e que foi contratada a unha empresa pontevedresa por 4.500 euros  En febreiro o tripartito aprobará a modificación do Regulamento Orgánico das sesións
DAVID O RAFA  Pleno en Poio. IMPORTANTE. Van a ir los de la Canceira. , martes, 26 nov · 19:30–20:30
photo_camera A sesión ordinaria de novembro, na que se presentaron os colectivos defensores da canceira de Poio.

O Pleno ordinario de xaneiro, que terá lugar o día 28, a partires das 19.30 horas, será a primeira sesión que os cidadáns poderán seguir a través de Internet. Para esa data, se non hai ningunha traba técnica, producirase a estrea da emisión en streaming dos debates. Ademais do seu seguemento en vivo específico, o contido tamén quedará a disposición dos usuarios en Youtube, na canle oficial do Concello de Poio, onde poderán consultar o video sempre que o precisen. A gravación estará xa disponible una hora despois da finalización da sesión.

Despois de analizar varias propostas, finalmente será a empresa de Pontevedra Volvemos a Primera a encargada de realizar estas retransmisións. Nos últimos días xa levaron a cabo varias inspeccións e probas no salón de plenos para garantir que o día da estrea deste servizo non haxa ningún impedimento.

O concelleiro de Facenda, Xulio Barreiro, indicou que a contratación deste servizo terá un custe de 4.500 euros pola retransmisión de 14 Plenos.

A firma pontevedresa xa conta cunha importante experiencia neste tipo de procedementos.

De feito, ao longo do último ano xa asumiu a retransmisión vía streaming de diferentes eventos de relevancia, así coma probas deportivas, concertos musicais e conferencias.

O Concello xa conta cunha canle de Youtube oficial na que se emitirán e quedarán arquivados os 14 plenos contratados

Barreiro aclarou que a retransmisión do pleno do vindeiro martes se realizará "a modo de proba", a partir da cal se valorará que medidas se poden realizar para perfeccionar servizo, en caso de que sexa necesario. En principio, instalarase un micrófono por bancada (un na da oposición, outro na dos membros do Goberno local e un máis na frontal, onde se ubican o alcalde e a secretaria, ademais dalgúns concelleiros) para recoller as intervencións. Ademais, utilizarase alo menos unha cámara.

Con esta medida dase cumprimento a un acordo plenario aprobado no seu día por todos os grupos da Corporación municipal e que poderá poñer fin ás polémicas entre Goberno e oposición sobre a transparencia nas sesións plenarias e na acción de Goberno.

Por outra banda, Xulio Barreiro confirmou que actualmente tamén se está a ultimar a modificación do Regulamento Orgánico, polo que se rexen non só os debates plenarios, senón tamén outros órganos de carácter local como as Xuntas de Goberno ou as Comisións Municipais.

A ordenanza actual data de 1995 e, aínda que foi modificada no ano 2013, o Goberno municipal entende que é preciso adaptala aos tempos actuais, de xeito que se mellore e optimice o desenvolvemento dos Plenos, se axilicen as intervencións e se dé acubillo legal a situacións como a intervencións de colectivos ou asociacións nas sesións.

Se non se produce ningún imprevisto, a intención do tripartito é que o novo regulamento poida ser presentado ante a Corporación na sesión ordinaria do vindeiro mes de febreiro. Previamente, darase traslado da documentación á oposición na correspondente comisión informativa. Ademais, tamén é preciso completar a emisión dos pertinentes informes da Secretaría municipal.

Comentarios