Barro acaba coa velutina a 'canonazos'

As Comunidades de Montes e o Concello adquiriron unha pistola de aire comprimido que dispara bólas conxeladas cargadas con insecticida
Pistola de aire comprimido para acabar con las velutinas en Barro. DP
photo_camera Pistola de aire comprimido para acabar coas velutinas en Barro. DP

As Comunidades de Montes e o Concello de Barro adquiriron un novo dispositivo para loitar contra a avispa velutina. Trátase dunha pistola de aire comprimido que dispara bólas conxeladas cargadas con insecticida. 

As cápsulas quedan no niño e, ao irse desconxelando, van acabando cos exemplares desta especie invasora. Este será un sistema complementario ao xa existente de pértega e spray. 

A Asociación Stop Velutina leva tres anos combatendo a especie invasora en Barro "de forma continua e totalmente desinteresada", razón pola que o alcalde Xosé Manuel Fernández Abraldes quixo darlle as grazas. 

"Hai que destacar o enorme papel que esta asociación está facendo por mellorar e facilitar a vida dúas veciños e veciñas de Barro, dándolle a tranquilidade eliminando os nenos desta praga e nunca cansarei de agradecerlle o seu traballo desinteresado e altruísta", apuntou o rexedor.  

Abraldes destacou ademais o "gran esforzo e a colaboración das Comunidades de Montes para a compra desta ferramenta que contribuirá a mellorar a labor que realiza esta asociación en prol das veciñas e veciños do noso Concello". 
 

Comentarios