Tres condutores dan positivo en alcoholemia tras sufrir senllos accidentes en Poio

enfróntanse a unha pena de prisión de tres a seis meses 
Imagen de uno de los accidentes. DP
photo_camera Imaxe dun dos accidentes. DP

Nos últimos días producíronse en Poio tres accidentes nos que os condutores arroxaron un resultado positivo en alcoholemia. 

O mércores rexistrábase o primeiro deles, resultando unha persoa feridea. O condutor deu 1,02 ml/gr aire aspirado na proba de alcoholemia.

O xoves produciuse un accidente en Antelo e Mariño entre dous turismos, ao redor das 22.00 horas. Nel estaba involucrado un condutor novel, con menos de tres meses de carné, que deu un resultado de 0,63 ml/gr aire aspirado. 

Este venres tiña lugar o terceiro suceso. Ao redor das 16.00 horas, produciuse un accidente múltiple na Avenida a Barca, cando un turismo que circulaba de entrada a Poio atravesou o carril contrario impactando contra un coche estacionado e causando diversos estragos noutro vehículo. Na proba de alcol o condutor deu 0,72 ml/gr aire aspirado.

Neste último accidente resultaron dúas persoas feridas leves e o carril de saída tivo que permanecer pechado durante unha hora.

Os tres condutores quedaron citados para xuízos rápidos ao instruír as correspondentes dilixencias xudiciais. 

Os condutores, de ser considerados culpables polo xuíz, enfróntanse a unha pena de prisión de tres a seis meses ou coa multa de seis a doce meses ou coa de traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días, e, en calquera caso, coa privación de conducir vehículos a motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.