Confientroido, o Entroido confinado de Soutomaior que se atreve coas murgas

Dada a situación sanitaria, o Concello organizou unha programación de actividadesn que se celebrarán de xeito telemático
Desfile de Entroido en Soutomaior en 2018. OLGA FERNÁNDEZ
photo_camera Desfile de Entroido en Soutomaior en 2018. OLGA FERNÁNDEZ

O Concello de Soutomaior, ao igual que o resto dos da contorna, comunicou recentemente que este ano non poderá orgnizar unha festa de Entroido presencial, dadas as circunstancias sanitarias. A pesares diso, a entidade muncipal organizou unha programación de actividades telemáticas propia que chamou: Confientroido, un Entroido de andar por casa e que se atreve ata coas murgas, unha disciplina que en anos anteriores non tivera acubillo na programación deste municipio.

Os protagonistas da actividade serán os obradoiros virtuais de complementos e disfraces, así como tamén de cociña de tempada para que os máis larpeiros e larpeiras poidan disfrutar das sobremesas tradicionais. Para participar nestas propostas é preciso isncribirse previamente na web ata o mércores 10 de febreiro.

A maiores os veciños poderán inscribirse e participar no Concurso que ten dúas modalidades unha de Photocall e outra de Murgas, na que se pode tomar parte individualmente, por unidades de convivencia familiares ou tamén a través dos centros educativos.

Hai tamén unha categoría forográfica para customizar escaparates dirixida a comercios e establecementos do municipio. Neste concurso os traballos premiados serán seleccionados por votación popular a través da web desde o mércores 17 ás 14.00 horas ata o domingo 21 ás 23.00.

Os premios serán tres de 100 euros para as fotos particulares, outros tres de 120 para os escapartes, e tres máis de 120 para as murgas. En conxunto, hai máis de mil euros en premios.

A inscrición previa en calquera das modalidade remata o mércores 17 de febreiro e debe ser elemática. No número telefónico do Concello, na súa web ou nas redes sociais informan sobre os detalles dos concursos.

Comentarios