Convocan outra manifestación en Soutomaior, sen tres de catro médicos, nin cita ata o 1 de decembro

A marcha, convocada polo BNG local, será o domingo ás 12.30 horas
O centro de saúde de Arcade. ARCHIVO
photo_camera O centro de saúde de Arcade. ARCHIVO

As redes sociais recollen estes días a indignación dos veciños de Soutomaior e Arcade, que se ven co seu centro cheo de carteis nos que se le: "Hoxe non hai consulta nesta sala: pregunte no mostrador". Esta semana os pacientes atópanse con tres destes letreiros: dous de médicos de cabeceira e un máis de Pediatría. Outros quéixanse de que, tras intentar conseguir cita, non hai oco ata o día 1 de decembro.

Ademais, os e as pacientes que teñen urxencias acaban no PAC da Parda, onde, debido á ausencia de facultativos, tampouco os atenderon nalgunha ocasión.

O BNG local vén de convocar unha nova marcha para protestar pola situación da Atención Primaria. Será este domingo ás 12.30 horas, desde o cruce de Pierres. A formación anima os participantes a acudir provistos de material para facer unha cacerolada.

No transcurso deste periodo de sesións o BNG convocou varias destas marchas pola Sanidade. Aínda que o Sergas se comprometeu a facer un centro novo, algo que os nacionalistas consideran que non resolve o principal problema, de persoal.

Comentarios