viernes. 18.10.2019 |
El tiempo
viernes. 18.10.2019
El tiempo

Os tres coworkings de Barro propiciaron a creación de 50 empresas na provincia

Acto de clausura da terceira edición do coworking. DP
Acto de clausura da terceira edición do coworking. DP

Un grupo de 22 emprendedores ocuparon un espazo gratuíto no viveiro de empresas, recibiron acompañamento individualizado e 100 horas de accións formativas

"Na provincia de Pontevedra hai moito talento, pero hai que apoialo e darlle visibilidade creando espazos como o coworking de Barro, onde todo ese talento se poida desenvolver e dar lugar a ideas que contribuirán a crear emprego e a que teñamos unha sociedade mellor".

Así o asegurou o deputado Carlos López Font que, xunto ao alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, e ao director de Aceleración Empresarial da Escola de Organización Industrial (EOI), Javier Benito, clausurou onte a terceira edición do programa. Neste acto, a EOI confirmou que, a raíz destes tres coworkings, creáronse na provincia máis de 50 empresas.

A xornada DemoDay. Emprendendo cara ao futuro tivo como obxectivo principal dar a coñecer os proxectos participantes na terceira edición. Deste xeito, desde febreiro ata este martes un grupo de 22 emprendedores (14 mulleres e 8 homes) ocuparon un espazo gratuíto no viveiro de empresas de Barro, onde recibiron acompañamento individualizado e 100 horas de accións formativas específicas para garantir o éxito dos seus proxectos. Durante a xornada, tamén puideron asistir a unha conferencia a cargo de Sandra Villar, fundadora da empresa "Boina galega", que recibiu o ano pasado o premio Emprende Gaiás Sixto-Seco.

Os protagonistas da terceira edición do coworking froito da colaboración entre a Deputación e a EOI foron: "AT Gestión" de Adriana Rodríguez, "Rooteiro" de Andrés Rodiño, "A Casa da Carballeira" de Beatriz Bergueiro, "Pasaporte Rural" de Betty "das Neves" Gil, "Culebra Studio" de Cecilia Paredes, "Dedicate Home" de Cristina Iriso, "Mundo Escénico" de Daniel Amós, "Tribuaventuras" de Diana Nogueira e Eva García, "Prixma" de Fernando López, "Herbas do Crego" de Fernando Romariz, "José Gadea Fotografía" de José Gadea, "Márketing con Iris" de Laura Guillén, "Habla y Convence" de Lucero Dámaso, "A batea do mercado" de María Casas, "Xouxere" de María Rodríguez, "Lía B" de Olalla Borrego, "Materialdefisioterapiaonline" de Pedro Cubela, "Xacobleas" de Pilar Alonso, "Idigal" de Santiago Iribarren e "Huella Menguante" de Sonia Magariños.

Os tres coworkings de Barro propiciaron a creación de 50 empresas...
Comentarios