Os cribados en Soutomaior detectaron 4 positivos

As probas en Vigo confirmaron 4 casos nun instituto e detectouse un positivo no cribado da Guarda 
Cribado realizado en el pasado enero en A Coruña. ARCHIVO
photo_camera Imaxe de arquivo dun cribado realizado no pasado mes de xaneiro. ARQUIVO

Os cribados realizados en Soutomaior dos últimos días, cando se atopaba nos niveis máis altos de incidencia de coronavirus, detectaron 4 casos positivos, segundo informaron fontes da área sanitaria Pontevedra-O Salnés.

Nese municipio, que chegou a estar co nivel máximo de restricións debido á incidencia de casos de covid, realizouse un cribado poboacional no peirao de Arcade, ao que acudiron 1.476 das persoas citadas (un 58,16 %).

Así mesmo, realizáronse probas en dous centros educativos, o CEIP Manuel Padín Truitero, nas que participaron 450 persoas, e o IES Soutomaior, con 560 persoas cribadas. En total, nos cribados detectáronse 4 casos, dous deles entre os participantes no peirao de Arcada, e outros dous nos centros educativos.

Segundo os últimos datos actualizados por Sanidade, Soutomaior (que baixou do nivel máximo ao nivel alto de restricións) ten unha incidencia acumulada a 7 días de entre 75 e 125 casos por cada 100.000 habitantes; e de entre 250 e 500 casos por 100.000 habitantes en incidencia a 14 días.

ÁREA DE VIGO

Por outra banda, a área sanitaria de Vigo tamén informou dos resultados das probas realizadas nos últimos días no IES Santa Irene, no IES Santo Tomé e no municipio da Guarda.

No primeiro dos institutos, participaron 571 persoas (un 74,6 % dos convocados) e non se detectou ningún positivo; no IES Santo Tomé cribouse a  727 persoas (un 80,9% dos citados) e detectáronse 4 casos positivos de covid.

Por outra banda, no municipio da Guarda citouse a 2.000 persoas, pero acudiron menos da metade ao cribado, 970 (un 48,5 %). Nesas probas detectouse un caso positivo.

O Sergas avanzo que o vindeiro luns haberá cribado no IES Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde se convocou a 680 persoas; o martes faranse probas no IES Alexandre Bóveda, tamén na cidade olívica, con 810 persoas convocadas.

Sanidade recordou que, ademais do test en centros educativos, continúase cos cribados poboacionais na área e estes días están a facerse probas en municipios do Val Miñor, onde se prevé citar a unhas 6.000 persoas, que deberán acudir a facerse unha PCR nos Covid Auto dos hospitais da área.

Comentarios