O cuartel da Garda Civil de San Xurxo rehabilitarase como vivendas sociais

Cubela e López acordaron a un investimento de 1,4 millóns de euros para manter a fisonomía do edificio e crear oito ou nove domicilios de protección oficial
O antigo cuartel da Garda Civil de San Xurxo. ARQUIVO
photo_camera O antigo cuartel da Garda Civil de San Xurxo. ARQUIVO

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, anunciaron o compromiso da Administración autonómica de colaborar economicamente na rehabilitación do vello cuartel da Garda Civil de San Xurxo de Sacos para reconvertelo, mantendo a fisonomía actual do edificio, en oito ou nove vivendas sociais.

A intención do alcalde Cubela é adquirir este edificio, que se atopa abandonado e en ruínas, e proseguir coa súa política social de favorecer o acceso a unha vivenda digna ás familias que desexen vivir no municipio.

Así, Cubela ten avanzados os trámites que xiran arredor dun anteproxecto construtivo elaborado por un estudo de arquitectos que tasa en 1.400.000 euros o investimento necesario para transformar o inmoble, que linda coa estrada nacional N-541.

O anteproxecto prevé que se manteña a estrutura de pedra e os muros exteriores da facha principal, de modo que a redistribución do edificio permitiría crear entre oito ou nove vivendas, cunha superficie media duns 90 metros cadrados habitables, a excepción de dous posibles apartamentos que se habilitarían no baixo-cuberta provistos de, aproximadamente, 50 metros cadrados cada un.

Deste xeito, o antigo cuartel da Garda Civil de San Xurxo converteríase nun espazo disposto de dúas vivendas na planta inferior, dúas na planta baixa, e tres na superior, podendo habilitar outros dous apartamentos no baixo-cuberta ou combinar, tipo dúplex, unha vivenda superior cun dos espazos do baixo-cuberta.

Jorge Cubela calificou o encontro de "moi satisfactorio" no que se "logrou o compromiso da Xunta de colaborar financeiramente co proxecto dentro das axudas de concorrencia competitiva que pon en marcha a Administración autonómica e que xa permitiron arranxar as antigas casas dos mestres de Cerdedo e do Médico de Cotobade para transformalas tamén en vivendas sociais".

Á par, o alcalde amosouse "esperanzado" e sinalou que agora tan só lles falta "o visto bo do Ministerio de Fomento para aceptar que se poidan rehabilitar as ruínas do cuartel de San Xurxo para transformalo en proxecto habitacional".

Comentarios