Cubela afirma que o Concello tamén se posicionará contra o parque eólico 'Porto Vidros'

Máis de 50 veciños e comuneiros acudiron á reunión no Centro Social para analizar o proxecto eólico
Reunión da comisión, celebrada o venres no Centro Social de Cerdedo. DP
photo_camera Reunión da comisión, celebrada o venres no Centro Social de Cerdedo. DP

A sociedade de Cerdedo-Cotobade segue co pulso recién iniciado contra o desembarco das eólicas no terreo do concello ao abeiro da chegad de fondos europeos para a implantación de enerxías renovables.

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, presidiu no Centro Cultural de Cerdedo unha xuntanza dobre, por un lado, reuníase a Comisión de Seguemento sobre os parques eólicos creada polo Concello e da que forman parte técnicos municipais e membros das comunidades de montes así como os voceiros da oposición, e por outro, estaban invitados os veciños e comuneiros afectados polo parque Porto Vidros, en actualidade en fase de información pública. O Concello destaca o nivel de participación acadado, con 50 persoas, e cunha grande cantidade de consultas e intervencións que recollen a preocupación social polo impacto destes proxectos.

Nesta cita un representante de Tysgal, consultora especializada contrada polo Concello para levar a cabo as alegacións que este presentará ante os distintos plans eólicos, fixo unha análise da situación e explicou os pormenores do proxecto Parque Elólico Porto Vidros.

O Concello xa adiantou que redactará as súas alegacións contra a implantación deste parque por considerar esaxerada a concentración de proxectos eólicos no municipio que afectarían ao paisaxe, ao medio ambiente e ao xeito de vida de moitos lugares que se poden ver alterados pola presenza de aeroxeradores. Tamén incidirán na posiblidade de que varios proxectos eólicos estivera burlando o procedemento administrativo axeitado a través dunha fragmentación para evitar que se avalíe na súa totalidade o verdadeiro impacto medioambiental que ocasionan e obter unha aprobación de modo fraudulento.

O alcalde animou aos veciños a consultar aos servizos e a nova empresa contratada para, si o consideraban oportuno, sumarse ás alegacións ou a reclamar pola súa conta, algo que deben facer antes do 21 deste mes.

Cubela ofreceu a axuda da consultora para todos os plans eólicos que vaian xurdindo, como o son tamén os proxectos Siroco e Tramontana, sometidos esta semana a información pública a través do BOE por tramitarse ante o Ministerio de Transición Ecolóxica.

Por outra banda, o BNG de Cerdedo-Cotobade tamén acadou un cheo absoluto na reunión convocada en Carballedo, para explicar modelos alternativos, como as comunidades enerxéticas ou o autoconsumo de electricidade xenerada con parques eólicos de menor impacto. Á súa vez, a agrupación tarabelas na Terra de Montes, informará hoxe ás 11.00 horas en unha asemblea en Pedre sobre os impactos do plan de Porto Vidros. A asociación anima á participación veciñal, "xa que os eventos informativos non son excluíntes". 

Comentarios