Denuncian a rotura intencionada das bandeirolas colocadas en Chancelas

Os elementos, postos pola Plataforma dá PO-308 para reclamar precaución aos condutores, apenas duraron un día ilesos
Bridas rotas. DP
photo_camera Bridas rotas. DP

As bandeirolas instaladas pola Plataforma da PO-308 na recta de Chancelas, na parroquia poiense de Combarro, apenas duraron ilesas un día.

Denuncia PO-308. dpMembros do colectivo denunciaron na tarde deste xoves a rotura intencionada de varios destes elementos, que foron colocados nos farois da zona para reclamar a dotación dun paso para peóns no lugar e, a maiores, solicitar precaución aos condutores que circulan por este tramo da estrada, cuxa titularidade pertence á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

A agrupación descarta que as bandeirolas desaparecesen polos efectos do temporal, destacando que as bridas de sujeción foron cortadas de forma intencionada.

Este feito prodúcese un día despois de que a plataforma anunciase a súa pretensión de iniciar novas mobilizacións de protesta ao longo do próximo mes de decembro, nunha data aínda por determinar

Comentarios