Sábado. 22.09.2018 |
El tiempo
Sábado. 22.09.2018
El tiempo

Despregamento antiincendios en Vilaboa por un lume preto da AP-9

O fume afectou á AP-9. DXT
O fume afectou á AP-9. DXT

O lume non alcanzou grandes dimensións, pero se situou moi preto da autoestrada

Efectivos aéreos e brigadas antiincendios traballaron na tarde deste martes en Vilaboa, máis concetamente en Figueirido, na extinción dun incendio que se produciu nunha zona de monte, na franxa entre o campo de fútbol e a autoestrada AP-9. O lume non alcanzou grandes dimensións, pero situouse moi preto da autoestrada, polo que a intervención dos medios aéreos foi inmediata.

Tamén a Garda Civil controlou o desenvolvemento do incendio desde a autoestrada por se fose preciso cortar o tráfico, que só se viu afectado pola fumareda. 

Fontes de Protección Civil de Vilaboa indicaron que o lume se orixinou nunha chea de colchóns abandonados, nunha zona próxima ao campo de fútbol. En teoría alguén prendeu lume nos mesmos e as chamas expandíronse con rapidez a unha zona de arboredo na que hai eucaliptos.
 

Despregamento antiincendios en Vilaboa por un lume preto da AP-9
Comentarios