Detido un veciño de Ponte Caldelas por tenencia ilícita de armas

Foi interceptado nun control de estrada portando un revólver sen licenza

A Garda Civil detivo un veciño de Ponte Caldelas acusado dun delito de tenencia ilícita de armas ao ser interceptado nun control de estrada cunha arma curta de lume, unha pistola eléctrica e dúas placas identificativas da Garda Civil.

A detención produciuse a madrugada deste xoves no transcurso dun punto de verificación de vehículos establecido pola patrulla de seguridade cidadá da Compañía da Garda Civil de Pontevedra na glorieta da estrada PO-255 (Ponte Caldelas-Petán), coa PO-244 (Ponte Caldelas-Soutomaior).

Ao inspeccionar un dos vehículos interceptados, a patrulla localizou un prioritario policial portátil de cor azul escondido debaixo do tapizado do maleteiro. Esta anómala circunstancia propiciou que se efectuase un rexistro máis exhaustivo do vehículo e no seu interior localizouse un bolso que contiña un arma de fogo, de fabricación artesanal, tipo revolver sen marca, nin numeración, que estaba municionada con cinco cartuchos do calibre 22, así como unha carteira sendas placas identificativas da Garda Civil e de Tráfico, ademais dunha táser (pistola eléctrica) de uso prohibido para os particulares.

O detido, un veciño de Ponte Caldelas de 42 anos con antecedentes policiais por contrabando de tabaco, foi posto este xoves disposición do Xulgado de Instrución de garda de Pontevedra, que decretou a súa liberdade provisional con cargos.