Directivos da Rede de Pobos Máxicos visitan Combarro

Cambados tamén intentará entrar na lista

Combarro. RAFA FARIÑA
photo_camera Combarro. RAFA FARIÑA

Francisco Martín, promotor da Rede de Pobos Máxicos de España, visitou Combarro o pasado xoves para ver en primeira persoa unha das localidades candidatas a entrar a formar parte do selecto grupo que conforman a asociación.

O director do Instituto de Desenvolvemento Local e Estudos Sociais destacou o bo trato dos veciños da localidade pontevedresa así como o encanto que reúne o lugar.

En Galicia, só son catro os pobos que aspiran a entrar na rede dos 75 da terna este ano. Ademais de Combarro, tamén pugnarán por un posto na lista Cambados, Betanzos (na Coruña) e Ribadavia (en Ourense).

Comentarios