Dobre denuncia en Poio por tratar de roubar polbo nunha tenda e conducir ebria

Varias testemuñas quedaron coa marca e a cor do coche e os axentes lograron localizala
Vista de San Xoán. RAFA FARIÑA
photo_camera Policía Local de Poio.DP

A Policía Local de Poio investiga a unha muller de  51 anos veciña de Soutomaior por un presunto furto de produtos conxelados que foron subtraídos nun establecemento de alimentación en Poio. 

Requiridos por empregados dos establecementos o sábado sobre as 20.00 horas, os axentes localizaron a unha muller que presuntamente subtraera unha bolsa de comida para escondela nun vehículo, segundo as testemuñas presenciais, sen pasar por caixa. 

Á chegada dos axentes, no lugar sóse atopaba a muller, que negou os feitos en todo momento. Dado que o suposto vehículo xa non se atopaba no lugar, non se actuou contra a sospeitosa, pero as testemuñas achegaron a marca, modelo e cor do coche. A Policía iniciou entón un seguimento discreto, para investigar o suposto delito. 

Finalmente localizouse á mesma muller conducindo o vehículo, de modelo e características idénticas ás que sinalaran as testemuñas.

Unha vez rexistrado o mesmo, os axentes atoparon o produto subtraído –unha bolsa de polbo conxelado e un paquete de gulas– procedendo á intervención para posteriormente entrágarselo aos donos do establecemento sito en San Xoán de Poio. 

Á súa vez, os policías descubriron que presentaba evidencias de beber, incluído o alento a alcol, polo que se lle fixo unha proba de alcoholemia dando resultado positivo de 0,42 miligramos por litro de nbsp;aire&expirado.

A investigada foi citada para xuízo rápido por un presunto delito leve de furto e leva tamén unha denuncia de sanción por conducir baixo os efectos do alcol.