domingo. 05.04.2020 |
El tiempo
domingo. 05.04.2020
El tiempo

Unha empresa de Barro, finalista do Premio Nacional Novo Empresario

Exterior das instalacións da empresa, no polígono de Barro. DP
Exterior das instalacións da empresa, no polígono de Barro. DP
EDF Solar competiu con outras 350 candidaturas de todo o panorama español

Se hai un mes eran noticia por contar nas súas instalacións do polígono de Barro coa presenza do gurú e pai da fotovoltaicao, o científico gañador do Premio Mundial da Enerxía en 2018, Martin Green, esta semana son noticia porque son finalistas ao Premio Nacional Novo Empresario. A empresa EDF Solar, que conta con instalacións no polígono de Barro, pero desenvolve proxectos de autoconsumo enerxético en todo o panorama nacional, foi seleccionada por CEAJE (Confederación de Novos Empresarios) para un certame no que se destacan as mellores iniciativas empresariais do panorama nacional.

O premio recoñece os proxectos que destacan pola creación de riqueza, emprego, compromiso cunhas relacións laborais xustas e integradoras, a súa responsabilidade social e a súa contribución á adaptación do tecido empresarial ás novas realidades. Había 350 candidaturas presentadas a esta convocatoria e só tres son as finalistas.

EDF Solar compite con I-Lanza, unha firma asturiana experta en climatización e con Lopesan, un grupo hostaleiro con sede en Gran Canaria. O fallo do xurado coñecerase o 21 de novembro.

Unha empresa de Barro, finalista do Premio Nacional Novo Empresario
Comentarios