Escolares de Soutomaior implícanse na rexeneración do monte queimado

Visitaron o Pazo de Lourizán e participaron na plantación de máis de 90 árbores
Uno de los grupos de alumnos del Padín Truiteiro. DP
photo_camera Un dos grupos de alumnos do Padín Truiteiro. DP

Máis de 100 alumnos do IES Soutomaior e o CEIP Padín Truiteiro participaron nunha xornada dedicada ao medio ambiente e promocionada polo Concello. Os alumnos de cuarto da ESO visitaron o Pazo de Lourizán para coñecer o xardín botánico, o viveiro e a Escola de Capataces.

A segunda das actividades, na que participaron 68 alumnos, foi a plantación de máis de 90 árbores en Arcade de Riba. Trátase dunha zona afectada polos incendios e á que cada ano acoden para incorporar novos exemplares. Este ano plantáronse 45 castiñeiros, 20 cerdeiras, 20 bidueiros e 7 madroños.

Comentarios