O sistema de reparto de comida a domicilio esténdese pola comarca

Javier Silva e Julio Amoedo traballan para garantir o servizo en diversos concellos pontevedreses

 

JAVIER SILVA. TAXISTA

Javier Silva con su taxi. CEDIDA

"En Campo Lameiro, isto de levar a compra en taxi aos maiores xa se facía"

En Campo Lameiro, ademais do reparto de peixe, existe unha modalidade distinta á hora de conseguir víveres ou outros bens cando se é maior: chamar ao taxi.

Javier Silva, conocido por todos como Tito, é un dos que a diario teñen unha ou dúas viaxes deste tipo. "A xente chama ao súper e despois ao taxi e así aforran unha viaxe", explica Agora, ademais, aforra un risco. Tito entrega os encargos, sexan menciñas ou comida, tamén con medidas de protección.

"A maior parte dos que nos chaman teñen 80 ou máis anos. Os de 70 en diante aínda conducen", explica. En Campo Lameiro "onde todos nos coñecemos, ao ser pouca poboación", estase cumprindo con rigor o confinamento.

"A xente maior está informada e é moi consciente do que hai", recalca, de xeito que non lle faltarán viaxes aínda nas vindeiras semanas.


JULIO AMOEDO. DONO DO SUPERMERCADO AMOEDO

Julio Amoedo, con su camión de reparto. CEDIDA

"La primera semana, todos fueron a Pontevedra, pero ahora nos llaman a nosotros de nuevo"

Se se quere falar de reparto de comida, Julio Amoedo é un dos nomes de referencia no interior da comarca. Este dono dun establecemento –Supermercado Amoedo– que se sitúa en San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade, era xa antes do Covid-19 moi coñecido no concello pola súa liña de reparto. "La gente llama y nos realiza los encargos. Ahora tengo un camión refrigerado y también llevamos carne por encargo, pero desde siempre, repartimos queso, pan, pasta, bueno, todo lo necesario. A nosotros nos surte Froiz y nuestra ruta, que ahora es más amplia, nos permite llegar hasta O Pelete, en A Lama y los pueblos de los alrededores", recalca.

Julio Amoedo, en el interior de su camión de reparto. CEDIDAAmoedo non podía dicir que estaba sen clientes antes da crise sanitaria, pero si pode afirmar que durante a mesma, as tornas cambiaron para moitos deles. "La primera semana, todos fueron a Pontevedra, pero ahora ya están llamando de nuevo" e as compras, recoñece, subiron algo no gasto medio dos clientes e a demanda. "Quien antes gastaba 10, ahora gasta 30 euros", afirma.

Julio percorre uns 50 ou 60 quilómetros ao día para este reparto nunha ruta circular que lle permite atender, cada tarde, uns 25 pedidos, algúns deles de novos clientes que chegan nestes tempos, dispostos a conseguir a mellor maneira de manterse lonxe das zonas de risco de contaxio do virus. "Muchos de ellos, son gente mayor y tienen miedo, sobre todo en esta última semana se nota más", insiste.

No seu percorrido diario o que non hai son riscos: el leva máscara e luvas e moitos dos seus clientes xa non saen da casa. Abren unha fiestra ou un cancelo e pídenlle que pase por alí os alimentos. Algúns dos que o reciben tamén van axeitadamente protexidos, aínda que no seu camiño atopa, sobre todo, xente que garda as distancias e non se achega. "Normalmente la gente habla poco y evita el contacto", recalca, e incluso no ultramarinos se está vendo bastante respecto polas novas normas impostas co estado de alerta. Alí, por certo, non hai noticias da escasez ou do acopio insolidario dos veciños.

Amoedo, que tamén ten unha cantina, agora pechada, ao lado da tenda, nunca vivira nada parecido a esta crise, pero insiste en que a pesar de todo el tenta infundir ánimo e alegría ao clientes do seu reparto.

Comentarios