Evacuado un rapaz tras declararse un incendio nunha vivenda de Poio

o lume producise nunha frixideira
Un policía, na vivenda na que se declarou o incendio. DP
photo_camera Un policía, na vivenda na que se declarou o incendio. DP

Un incendio declarado o martes pola tarde nun piso dun edificio situado na Avenida da Barca, en Poio afectou a un rapaz, que tivo que ser traslado a un centro médico con síntomas de intoxicación por inhalación de fume.

Segundo puido saber o 112 Galicia, o lume producise nunha frixideira sen afectar a ningún outro elemento da cociña. Os feitos ocorreron ao fío das 19:00 horas. Foron os veciños do edificio quen alertaron ao 112 Galicia.

Acto seguido, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros do Salnés, os efectivos de Emerxencias de Sanxenxo e aos axentes da Policía Local. Ademais, dende o 112 Galicia informouse dos feitos aos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Comentarios