Martes. 18.09.2018 |
El tiempo
Martes. 18.09.2018
El tiempo

Evocando ritmos do pasado

Participan persoas de todas as idades. CHRISTIAN FERNÁNDEZ
Participan persoas de todas as idades. CHRISTIAN FERNÁNDEZ

Andrea García, instrutora de baile medieval, prepara a dez parellas para actuar durante os próximos 28 e 29 de setembro na celebración do Día de Colón, en Combarro

As asociacións organizativas do Día de Colón continúan cos preparativos para a súa novena edición, que este ano se traslada ao mes de setembro, e terá lugar o 28 e o 29 deste mes.

Este xoves, ás 20.00 horas, tivo lugar unha reunión na que todos os colectivos que forman parte da organización desta celebración informaron as novidades deste ano ao sector hostaleiro, e á súa vez, solicitáronlles unha maior implicación no festexo.

Outra das actividades, que deu comezo o pasado luns, foi a dos ensaios de bailes medievais na Escola do Campo, que se celebra os luns e xoves a partir das 20.30 horas.

BAILE MEDIEVAL. Andrea García, que forma parte da Asociación Berce da Moura, é a encargada de impartir as clases de danza medieval para as actuacións no Día de Colón.

A súa paixón polo baile vénlle desde ben pequena, "Empecei facendo baile galego, despois seguir practicando outro tipo de bailes. Foi algo que sempre me gustou. Fai catro ou cinco anos propuxéronme dar clase de baile medieval, algo que me interesaba moito, xa que logo empecei a ler libros e buscar todo tipo de información sobre este tema en internet", explica.

Nesta edición hai dez parellas de idades diferentes, que comprenden desde os sete ata os 50 anos aproximadamente. "Algúns viñeron noutras edicións, outros se estrean este ano", conta a instrutora.

A danza medieval, que se pode practicar tanto en parella como en grupo é, en palabras de Andrea García, "un baile que se practica en grupo ou por parellas, os pasos son moi delicados, fanse moi amodo, case como andando e, en ocasións, mestúranse con pequenos saltitos".

Evocando ritmos do pasado
Comentarios