Éxito de asistencia ao festival musical organizado en Barro pola 'BXB'

A Banda Xuvenil de Barro contou coa presenza das formacións de Ribadumia e Salceda, así como coa coral local
Una de las actuaciones musicales, en el inicio del festival. RAFA FARIÑA
photo_camera Unha das actuacións musicais, no inicio do festival. RAFA FARIÑA

O Pavillón Polideportivo de Barro acolleu este domingo a vixésimo primeira edición do seu festival de bandas de música. 

A cita é unha das tradicións xa instauradas pola Banda Xuvenil de Barro nas dúas últimas décadas e conta en todas as súas edicións cun numeroso e entregado público. 

Nesta ocasión, as bandas que participaron na cita musical foron a Banda de Música Municipal de Ribadumia, a Banda Cultural de Salceda e a propia Banda Xuvenil Barro, que contou co apoio e a colaboración da Coral Polifónica de Barro para poder ofrecer un repertorio no que tivo encaixe, por primeira vez na historia deste evento, unha composición vocal. 

A cita musical estivo conducida por Belén Xestal, presentadora de varios programas da TVG, que se encargou de dar entrada a cada unha das formacións que acudiron a esta cita e de despedir aos asistentes. 

A Banda Xuvenil de Barro destaca que con esta convocatoria anual preténdese que o municipio se converta no epicentro da música de bandas a comarca. 

40 MEMBROS. A Banda de Música Xuvenil de Barro chega ao seu vixésimo primeira cita co público local cun equipo de 40 músicos moi novos que reciben formación na Escola de Música de Barro, unha institución da que saíron xa destacados músicos e que segue, ano a ano, achegando novos talentos a este grupo. 

A Banda Xuvenil de Barro destaca tamén que o Festival é unha ocasión ideal para reiterar a súa invitación a nenos e nenas do municipio e dos seus arredores a sumarse a este proxecto. A formación recorda que, ademais de ofrecer A oportunidade de aprender música, o grupo posúe unha gran reputación, forxada ao conseguir numerosos premios nacionais e internacionais.

Comentarios