"Éxito rotundo" de visitantes no castelo de Soutomaior trala súa musealización

O número de persoas que se achegaron ata o monumento incrementouse nun 188,2% desde o pasado ano

El castillo de Soutomaior. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
photo_camera O castelo de Soutomaior. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A presidenta da Deputación de Pontevedra cualificou de "éxito rotundo" as cifras de visitantes que se están a obter trala posta en marcha da musealización do castelo de Soutomaior, unha das apostas máis fortes do goberno provincial. Deste xeito, dende a reapertura do Castelo a mediados de maio, xa pasaron polas instalacións do recinto histórico preto de 13.000 persoas, 8.460 máis que no mesmo período do 2017, o que supón un incremento do 188,2% no número de visitantes.

Carmela Silva amosou a súa satisfacción pola "altísima" demanda que está a rexistrar o castelo trala súa reapertura xa que "soamente onte pasaron polo recinto histórico máis de 300 visitantes". Os resultados acadados neste período, poñen de manifestou que a aposta do goberno provincial polo castelo e o impulso dado ao recinto histórico neste tempo está a permitir cumprir cun dos obxectivos marcados pola presidenta: recuperar o recinto histórico para a cidadanía. "Queremos abrir á xente, ás familias, un espazo que é de todas e de todos e queremos facelo cun Castelo renovado, cheo de contidos que poñen de manifesto a importancia deste enclave tanto para a provincia como para o resto de Galicia e do Estado", asegurou Carmela Silva. 

Desde a inauguración da musealización do Castelo, Soutomaior está xa situado, segundo indicou a presidenta da Deputación,  "á altura dos mellores castelos do mundo, dotado da máis avanzada tecnoloxía nas súas dez salas, con materiais explicativos interactivos que recollen a historia do castelo desde o século XII ata a actualidade, reproducións de documentos históricos, sete audiovisuais, recreacións en 3D, tres caixas máxicas e un marabilloso videomapping que non deixa a ninguén indiferente".
 

Comentarios