A Consellería do Medio Rural informa de que quedou extinguido ás 22.10 horas. desta noite o lume rexistrado no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Aguasantas.
O incendio iniciárase na madrugada de luns e, segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 105 hectáreas: 80 rasas e 25 arboradas. Para a extinción do lume mobilizáronse en total 1 técnico, 17 axentes, 39 brigadas, 30 motobombas, 2 pas, 6 avións e 3 helicópteros.