Extinguido un lume nunha casa abandonada na Lama

O traballo evitou que se propagaran as lapas pero non chegou a tempo de salvar o interior do inmoble
A casa calcinada en A Lama. RADIO NOVA
photo_camera A casa calcinada en A Lama. RADIO NOVA

Efectivos municipais da Lama coa súa motobomba foron os primeiros en chegar este martes á alerta dun incendio nunha casa abandonada en Seixido, A Lama. Ao punto acudiron tamén Bombeiros do Salnés, procedentes da base de Ribadumia.

O traballo evitou que se propagaran as lapas pero non chegou a tempo de salvar o interior do inmoble que quedou totalmente calcinado.

Os bombeiros, en A Lama. RADIO NOVA
Os bombeiros, en A Lama. RADIO NOVA

A casa estaba deshabitada e cumpría as funcións de alpendre. Non se rexistraron danos persoais. Cooperaron na extinción os veciños de Cendón así como a Garda Civil.