jueves. 18.07.2019 |
El tiempo
jueves. 18.07.2019
El tiempo

Ferido o camareiro dun bar de Poio tras declararse un incendio na cociña

Incendio no bar Ohana de Poio. POLICÍA LOCAL
Incendio no bar Ohana de Poio. POLICÍA LOCAL

O lume orixinouse nunha freidora

O camareiro dun bar de Poio resultou ferido este xoves ao declararse un incendio na cociña. O home foi trasladado ao Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra.

O lume, ao parecer, orixinouse nunha freidora do coñecido establecemento, o bar Onaha, situado no Complexo Deportivo Miguel Anxo Pazos, na parroquia de San Xoán. 

Ata o lugar do suceso desprazáronse a Policía Local, os Bombeiros de Sanxenxo, Protección Civil e o 061.

Ferido o camareiro dun bar de Poio tras declararse un incendio na...