Ferido leve o condutor dunha furgoneta tras colisionar contra un semáforo en Poio

A Policía Local sospeita que o condutor puido quedarse durmido ao volante
A furgoneta accidentada. POLICÍA LOCAL POIO-CEDIDA
photo_camera A furgoneta accidentada. POLICÍA LOCAL POIO-CEDIDA

Un veciño de Valga, de 60 anos, precisou de asistencia médica tras sufrir un accidente de tráfico en Poio, concretamente na avenida Andurique, en San Salvador.

A Policía Local de Poio informa de que a furgoneta que conducía, en dirección a San Xoán, saíuse da vía e colisionou contra un semáforo.

Ademais do corpo de seguridade, achegouse ata o lugar dos feitos unha ambulancia. O home queixábase de dor no peito, pero non foi preciso trasladalo a un centro hospitalario.

O corpo de seguridade sospeita que o condutor, que viaxaba só, puido quedarse durmido ao volante. A Policía Local reclamará á aseguradora do vehículo os danos materiais causados no semáforo, que perdeu as sinais luminosas superiores como consecuencia do impacto.