Protección Civil de Soutomaior atende dous atropelos a equinos en días sucesivos

Vehículo accidentado en Vilaboa. DP
photo_camera Vehículo accidentado en Vilaboa. DP

Efectivos de Protección Civil de Soutomaior acudiron este venres a colaborar nas tarefas de atención a un sinistro ocorrido na N-554 ao seu paso por Santa Cristina de Cobres, en Vilaboa. Un turismo atropelou un cabalo que, segundo esa fonte, escapouse e deambulaba desde moi cedo pola zona.

Accidente en Vilaboa. DPA consecuencia do sinistro o condutor tivo que ser trasladado con feridas, inicialmente, leves, a un centro hospitalario en Pontevedra, mentres que o equino, con feridas de consideración, requiriu asistencia veterinaria. O turismo rexistrou ademais, bastantes danos. 

Este mesmo tipo de sinistro tiveron que atender os voluntarios de Soutomaior o xoves na estrada que une o municipio con Ponte Caldelas. Nese caso foi un asno o que se escapou e irrompeu no carril a destempo. A condutora, que non puido evitar o atropelo, resultou ilesa. O burro si recibiu un golpe, aínda que se estima que non foi unha lesión de gravidade e o coche quedou, igualmente, danado.

Nos dous casos, subliñan desde Protección Civil, tratábase de animais con dono, chip, seguros e vacinacións en regra. Antes de que pasase unha hora dos atropelos apareceron os responsables dos animais e faranse cargo das consecuencias de ambos os sinistros.

Accidente en Soutomaior. DP