Finaliza o prazo excepcional para o estacionamiento de autocaravanas en Poio

O Concello de Poio lembra que a partir de hoxe só se poderan empregar as dez prazas da área de servizo
2020090112174619238
photo_camera Campo de billarda, estacionamento provisional para autocaravanas durante o mes de agosto.CEDIDA

Na actual temporada estival o uso das autocaravanas aumentou en gran medida. Este tipo de vehículo converteuse na alternativa perfecta. Por este motivo, a principios do mes de agosto, o Concello de Poio viuse na obriga de tomar medidas coa finalidade de regular o uso e aparcamiento na área de servicio habilitada na Seca. Entre as medidas incluiuse a posibilidade de empregar, provisionalmente, o campo de billarda. O permiso excepcional concedido no municipio de Poio para o uso do campo de billarda para estacionamento temporal de autocaravanas rematou onte. Deste xeito, a partir de hoxe o uso do servizo habilitado na Reiboa para este tipo de automóbiles volverá a ser o habitual, de maneira que os usuarios e usuarias poderán permanecer nesta zona, que conta con dez prazas, durante un período máximo de 72 horas, tal e como establece a ordenanza vixente.

A Concellería de Seguridade Cidadá acordou, ante a proliferación de autocaravanas na zona, tomar medidas para evitar o colapso e a ocupación de prazas de estacionamento existentes na Seca, garantindo espazos para outros vehículos de visitantes, veciñanza e profesionais do sector marisqueiro. Así, permitiuse, de xeito excepcional, a utilización do campo de billarda a modo de estacionamento durante un tempo máximo de 24 horas.

Para velar polo cumprimento desta medida, a Policía Local de Poio levou a cabo controis regulares, a fin de garantir que se cumpre tanto co límite de horario establecido como coa ocupación de zonas permitidas. O corpo de seguridade municipal salienta o bo comportamento dos usuarios e usuarias, que, salvo contadas excepcións, respectaron estas limitacións. Según as autoridades, tan só foi necesario multar a dez persoas, por sobrepasar o horario máximo permitido.

De cara ao vindeiro ano, a intención do Concello é regular e mellorar esta área de servizo, mediante a dotación de sinalización e outras medidas. Sobre o incremento de autocaravanas neste mes de agosto con respecto a outros anos, a concelleira Marga Caldas considera que se produciu porque «cada vez son máis os e as visitantes que optan por esta formula para gozar das súas vacacións», entre outras razóns, polo contexto derivado da covid-19, que «anima a moita xente a desprazarse en vehículos particulares».

Comentarios