Denunciadas dúas mozas por coarse nunha leira de eventos en Poio para beber alcol

A Policía recibiu un aviso dos responsables das instalacións, pechadas polo estado de alarma
A finca de A Puntada á que accedron as sospeitosas. GONZALO GARCÍA
photo_camera A finca de A Puntada á que accedron as sospeitosas. GONZALO GARCÍA

Dúas mozas de 24 e 27 anos foron denunciadas pola Policía Local de Poio por entrar nunha parcela privada do municipio, que habitualmente se aluga para festas e eventos, para beber alcol gardado no seu interior. Ambas levaban entrando furtivamente varios días, segundo a Policía Local.

As dúas mozas foron denunciadas por incumprir o estado de alarma e son investigadas como autoras dun delito de roubo con forza. Os axentes sospeitan que podería haber máis persoas implicadas nestes feitos, polo que as dilixencias seguen abertas.

As dúas mozas residen preto desta leira, situada na zona da Puntada, e foron sorprendidas polos axentes, que acudiron ao lugar este domingo tras recibir o aviso dos responsables destas instalacións.

As mozas supostamente saltaron o peche da parcela e forzaron a porta para entrar, polo que tamén serán investigadas por un delito de danos na propiedade privada.

Ambas estaban nun dos veladores que hai na parcela e consumían as bebidas alcohólicas que os donos gardaban no interior do local, actualmente pechado ao público polo estado de alarma.