Francisco Regalado apura os seus últimos días no rueiro de Combarro

O Concello anuncia que o día 29 realizará o acto de cambio de nome da rúa dedicada ao que fose ministro da Mariña con Franco
El tramo final de la calle Francisco Regalado pasará a denominarse Paseo das Redeiras y el inicial Baixada á Chousa. JAVIER CERVERA
photo_camera O tramo final da rúa Francisco Regalado pasará a denominarse Paseo das Redeiras e a inicial Baixada á Chousa. JAVIER CERVERA

A finais de maio, Francisco Regalado deixará de dar nome unha rúa de strong <>Combarro. O cartel co nome do que fose ministro da Mariña e colaborador de Franco será substituído o día 29 deste mes, segundo confirmou a titular do departamento de Memoria Histórica de Poio, a nacionalista Marga Caldas, que engadiu que o cambio de nomenclatura realizarase mediante un pequeno acto co que se procederá a colocar as placas coas novas denominacións.

Tras realizar varias consultas, entre elas cos colectivos locais, decidiuse que o viario pase a dividirse en dúas rúas. O primeiro tramo será a Rúa Baixada á Chousa (que vai desde o inicio da actual Avenida Francisco Regalado ata o número 44) e o segundo pasará a chamarse Paseo das Redeiras (desde o número 46 ata o final, nas proximidades do peirao da Canteira).

Aínda que o proceso de cambio de denominación prolongouse por máis de dous anos, por se algún veciño non se deu por decatado, o Concello comezou a remitir unha serie de cartas á veciñanza da zona, na que se lles informa do cambio, que afectará as direccións postais dos inmobles.

A misiva, asinada polo alcalde, Luciano Sobral, e a propia titular de Memoria Histórica, inclúe un plano do rueiro municipal, no que se detalla a nova denominación, así como os cambios existentes na numeración.

Nas cartas aclárase que estas modificacións afectan ao que será o novo Paseo das Redeiras, quedando o primeiro tramo como estaba ata agora.

Tal e como se recorda nesta comunicación, esta iniciativa cristalizou grazas á implicación dos colectivos culturais e veciñais da parroquia de Combarro, para o cal se impulsou un proceso participativo, no cal, recorda Marga Caldas, "as propostas xiraron en torno á recuperación da toponimia tradicional, así como ao recoñecemento ao labor das mulleres na actividade económica e na vida social da vila, e á democratización das denominacións, coa supresión daquelas que estean vencelladas á ditadura franquista".

Caldas aproveitou a ocasión para, unha vez máis, agradecer a implicación e o interese do tecido cultural e social á hora de participar neste proceso. "Desde o Concello seguiremos dando pasos e tramitando actuacións que garantan esta hixiene democrática, apostando por aplicar novas denominacións a espazos públicos e rúas do noso municipio que a día de hoxe aínda fagan referencia a unha das épocas máis escuras do noso país", indica a concelleira. Para iso, continuarase apostando pola filosofía mantida con Francisco Regalado, tendo en conta a toponimia local e dando visibilidade á figura da muller, no caso da rúa dedicada ás rederas, tendo en conta de que boa parte do rueiro de Poio conta con nomes e referencias masculinas.

Comentarios