
O Concello de Poio dará un paso máis no próximo Pleno para c
A xornada na que se dará un primeiro paso oficial para este cambio, será, precisamente, o 23 de febreiro, día no que o Pleno aprobará, previsiblemente, a proposta para renovar a nomenclatura da rúa que dá acceso ao interior de Combarro e á zona portuaria.
Tal e como anunciaran e tras recoller as propostas dos colectivos locais, o viario pasará, unha vez que se complete o trámite, a ter dous nomes. Así, será denominado Baixada a Chousa no tramo inicial, desde o entroncamento coa PO-308 ata a praza e Paseo das Redeiras en toda a parte que dá acceso ao porto deportivo e pesqueiro. Unha vez que se consiga a aprobación plenaria, realizarase a tramitación administrativa pertinente. O Goberno local considera que este cambio é un primeiro paso para avanzar no cumprimento da lei, depurando os vestixios do franquismo tanto do rueiro como do territorio.
En canto a loss nomes elixidos, a edil de Memoria Histórica e unha das responsables de promoción lingüística, Marga caldas, defende a dobre utilidade de cumprir con esta lei. Así, coa elección de Rúa Baixada a Chousa está a recuperarse un dos nomes tradicionais do lugar, algo que coincide co obxectivo de restaurar a toponimia propia de cada recuncho do municipio na medida do posible.
En canto a Rúa Paseo das Redeiras, Marga Caldas destaca que "como é sabido, esta profesión, desenvolta nun 84% por mulleres en toda Galicia, está a experimentar un envellecemento importante, por mor da falta de remuda xeracional. Este feito, sumado a que foron pioneiras non noso país na incorporación da muller ao mercado laboral, fai que apostemos por esta proposta, para darlle visibilidade a un traballo que, en moitos casos, resulta descoñecido e mesmo pouco valorado por parte da sociedade", indicou.
Francisco Regalado foi un militar de Ferrol, coetáneo de Franco, que o apoiou na sublevación militar do 36 e que ostentou diversos cargos na ditadura ata alcanzar o de almirante e o mando da flota. No 45 foi nomeado ministro da Mariña e, tras retirarse, capitán xeral do Departamento Marítimo de Ferrol.