Gavilán e pomba en Soutomaior

Protección Civil rescatou exemplares das dúas especies no mesmo día 
El gavilán rescatado. PROTECCIÓN CIVIL
photo_camera O gavilán rescatado. PROTECCIÓN CIVIL

Os animais están a dar bastante traballo nos últimos días a Protección Civil de Soutomaior, que, ademais de mobilizarse por cans e gatos domésticos, rescatou na mesma xornada un gavilán e unha pomba.

Tal e como explica no seu perfil de Facebook, este martes recibiu a alerta de varios particulares pola aparición dunha pomba mensaxeira extraviada, o que levou a desprazar unha dotación para recollela e entregala á asociación Ría de Pontevedra. O colectivo encárgase de xestionar a recuperación e transporte ao lugar de orixe.

A falta de máis datos, o achado remite ás noticias coñecidas nos últimos días sobre a aparición en diferentes puntos de Galicia de pombas procedentes de Portugal extraviadas por mor dunha tormenta.

Coa pomba rescatada. PROTECCIÓN CIVIL

Pouco despois de localizar ese exemplar, outro particular alertou a Protección Civil da presenza dunha ave rapaz —un gavilán común— lesionada na súa propiedade, un animal de especial "protección debido a escaseza da súa poboacion e ao altísimo valor ecolóxico". Unha dotación desprazada ao lugar comprobou que o "precioso" animal tiña unha lesión nunha á e trasladouno ao centro de recuperación de aves e fauna de Cerdedo-Cotobade, onde recibiu atención veterinaria.

Comentarios