O Concello de Poio organizará charlas informativas sobre as velutinas para os veciños

Serán impartidas por expertos, que falarán de como abordar este problema e como minimizar os riscos en caso de picadura

Retirada de velutinas mortas. DAVID FREIRE
photo_camera Retirada de velutinas mortas. DAVID FREIRE

O Concello de Poio porá en marcha unha serie de reunións informativas sobre as avispas velutinas para os veciños do municipio. As charlas serán impartidas por expertos, que falarán de como abordar este problema e como minimizar os riscos en caso de picadura.

Ademais, o Goberno municipal denuncia a mala xestión da Xunta. "Está desaparecida nesta problemática e non leva a cabo labores nin de erradicación nin de prevención", explica Chelo Bicada, tenente de alcalde de Poio.

O equipo de Goberno asegura que cando unha veciño chama ao 112, a Xunta deriva o problema a Protección Civil de Poio, eludindo todo tipo de responsabilidade. E cando os veciños reiteran a súa petición pola demora, culpan a Protección Civil.

"O Concello está disposto sempre a colaborar e Protección Civil tamen, e neso estamos, pero o que non é tolerable e que desistan das suas competencias e eludan a suas responsabilidades. O problema é moi grave, e a Xunta de Galicia está desaparecida", engade Bicada.

"O mesmo acontece co servizo de extinción de incendios que é un absoluto desastre e teñen a cara de parapetarse detrás da comarcalizacion para non facer nada. Se non son responsables de nada e non asumen as suas competencias e mellor que deixen que outros ou fagan por eles"finalizou a socialista.

Comentarios