O IES Cotobade crea o seu propio grupo de mediación

Trátase dunha acción para promover e ensinar vías de resolución de conflitos
Os alumnos participantes, na presentación do grupo. DP
photo_camera Os alumnos participantes, na presentación do grupo. DP

O IES de Cotobade vén de constituír, co apoio do Concello, un grupo de mediación que pretende difundir a cultura de paz e o fomento do diálogo. Esta iniciativa foi impulsada polo Servizo Municipal de Educación Social e conta cola colaboración do alumnado e os profesores do centro. Este grupo vai realizar diversas actividades para promover o diálogo e o uso da palabra para a resolución pacífica de conflitos empregando e aprendendo técnicas de mediación para estes casos.

O grupo aínda admite participantes e as persoas interesadas en contar coa súa acción, poden dirixirse á dirección ou ó claustro do centro ou ben remitir un email a [email protected].

O obxectivo do grupo pasa por axudar na resolución de conflitos ofrecendo a súa experiencia, xa que colaborarán mediadores, que manteñen un absoluto compromiso de confidencialidade. "Creo que o noso servizo de Educación Social está a funcionar moi ben e está demostrar a nosa constante aposta pola educación e os Servizos Sociais cunha liña de actuación moi apegada ao aspecto humano", destacou o alcalde, Jorge Cubela, sobre este grupo na súa presentación, na que loubou a implicación de todos os membros.

Comentarios