Vegalsa Eroski celebrou este mércores o acto de inauguración do hipermercado que este xoves abrirá as súas portas no Centro Comercial A Barca de Poio
Ao acto acudiron autoridades, provedores, empresarios vinculados ao centro, representantes da Corporación Local –incluído o alcalde, Luciano Sobral– e de varias asociacións veciñais de todo o municipio de Poio.
Este xoves o centro abrirá co seu horario normal de atención ao público de 9.00 a 22.00 horas, e, como se trata da súa fin de semana de apertura e cadra coa campaña de descontos de Black Friday, as instalacións estarán tamén abertas a xornada do domingo.