Vegalsa-Eroski inaugura o hipermercado da Barca, que abrirá as súas portas este xoves

O centro abrirá co seu horario normal de atención ao público de 9.00 a 22.00 horas
Imagen de la inauguración de las instalaciones este miércoles. R. FARIÑA
photo_camera Imagen de la inauguración de las instalaciones este miércoles. R. FARIÑA

Vegalsa Eroski celebrou este mércores o acto de inauguración do hipermercado que este xoves abrirá as súas portas no Centro Comercial A Barca de Poio 

Ao acto acudiron autoridades, provedores, empresarios vinculados ao centro, representantes da Corporación Local –incluído o alcalde, Luciano Sobral– e de varias asociacións veciñais de todo o municipio de Poio.

Este xoves o centro abrirá co seu horario normal de atención ao público de 9.00 a 22.00 horas, e, como se trata da súa fin de semana de apertura e cadra coa campaña de descontos de Black Friday, as instalacións estarán tamén abertas a xornada do domingo.

Comentarios