Incautan máis de 17 quilos de ameixa a un furtivo en Poio

Nun dispositivo de vixilancia, os axentes viron que dous homes estaban a extraer bivalvos

Almeja incautada en Poio. DP
photo_camera Ameixa incautada en Poio. DP

A Policía Autonómica incautou 17'6 quilos de ameixa en Poio, que estaban a ser extraídos de forma furtiva na zona de Campelo e Combarro e que foron devoltos ao mar.

Nun dispositivo de vixilancia, en colaboración con gardas rurais da confraría de San Telmo, os axentes observaron a dous homes que estaba a extraer bivalvos e que ao detectar a presenza policial, déronse á fuga e esconderon un saco que contiña ameixa.

Os axentes incautaron o saco e devolveron os bivalvos ao mar. A extracción estaba a producirse de forma ilegal, ao carecer de permiso ou autorización e as ameixas estaban destinadas ao consumo humano, o que supón un risco para a saúde das persoas.

A persoa investigada, indica a Xunta, acumula varios expedientes sancionadores por infraccións da Lei de Pesca de Galicia, con máis de 120 actos e máis de 1.300 quilos de ameixa.