Investigado un veciño de Campo Lameiro por unha suposta neglixencia nunha queima

O incidente provocou un incendio que arrasou 0,25 hectáreas de superficie arboreda

Unha persoa atópase investigada por unha neglixencia nunha queima de restos forestais que provocou un incendio de 0,25 hectáreas de superficie arboreda no municipio pontevedrés de Campo Lameiro.

Segundo informa a Policía Autonómica, o incendio forestal tivo lugar o pasado luns na parroquia de Couso. Na investigación e inspección ocular do incendio contouse coa colaboración activa de axentes ambientais da brigada de investigación de incendios forestais.

No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas a un total de 13 persoas como presuntas autoras de incendios forestais en Galicia.
 

Comentarios