viernes. 22.11.2019 |
El tiempo
viernes. 22.11.2019
El tiempo

Investigado un veciño de Cerdedo-Cotobade por catro incendios forestais

Un dos aparatos incendiarios empregados. DP
Un dos aparatos incendiarios empregados. DP
O suposto pirómano prendería o lume con artefactos incendiarios de fabricación caseira

A Guardia Civil investiga penalmente a un veciño de Cerdedo-Cotobade como presunto autor de catro delitos de incendio forestal, que supostamente puido ocasionar con varios artefactos incendiarios.

Segundo informou o Instituto Armado, os catro episodios incendiarios que se lle atribúen a este veciño, dous deles en grao de tentativa, producíronse recentemente na parroquia Viascón, unha zona na que "nos últimos anos sufrira unha alta actividade incendiaria", abundou.

No que vai deste ano, existen, asegura a Benemérita, oito rexistros de incendio forestal, "todos eles provocados de forma intencionada", subliñou. 

"Esta situación de risco, tanto para a masa forestal, como para as vivendas e explotacións gandeiras da contorna, deu lugar a que se intensificase a vixilancia na zona por un equipo formado por efectivos do Seprona da Comandancia da Guardia Civil de Pontevedra e a Brigada de Investigación de Incendios Forestais (BIIF XIX) da Xunta de Galicia", manifestou o Instituto Armado.

Como resultado deste traballo de investigación coordinado polos dous corpos, "púidose constatar a presenza de dous artefactos incendiarios e recoller nas áreas de inicio de dous dos incendios", destacou a Guardia Civil.

Un deles, "chegou a provocar un conato", indican as mesmas fontes, que foi apagado polos propios veciños do lugar na noite do 5 de setembro. "Trátase de dous artefactos rudimentarios de fabricación artesanal que están compostos por un cigarro rodeado de varios mistos, envolvidas por unha esponxa, nun caso e por unha tea, no outro", explicou a Benemérita.

Finalmente, froito das vixilancias que se realizaron na zona, "conseguíronse evidencias gráficas nas que se pode identificar e relacionar a este veciño de Viascón coa aparición doutros dous artefactos das mesmas características", asegura o Instituto Armado.

O presunto autor foi notificado como investigado penalmente pola comisión de catro delitos de incendio forestal, dous deles en grao de tentativa, "que de prosperar supuxesen un grave perigo para o monte e as vivendas da zona", subliñan as mesmas fontes.

As dilixencias instruídas foron entregadas no xulgado de Instrución de garda de Pontevedra.

Investigado un veciño de Cerdedo-Cotobade por catro incendios...
Comentarios