A Lama pide financiamento á Xunta para unha nova ponte entre Xesta e Verducido

Posibilitaría o paso de vehículos agrícolas entre as dúas beiras do río Xesta-Oitavén
Obras de saneamiento en la parroquia de Verducido. CONCELLO
photo_camera Obras de saneamiento en la parroquia de Verducido. CONCELLO

O Concello da Lama iniciou a procura de financiamento na Administración autonómica para construír unha nova ponte que una as parroquias de Xesta e Liñares sobre o río Oitavén e como medida para vertebrar o municipio e permitir unha mellor comunicación interior, ao tempo que se libera o paso de vehículos agrícolas polo viaducto medieval de Liñares.

Estas xestións por parte do alcalde, Jorge Canda, e o tenente de alcalde, David Carrera, canalizáronse no conselleiro de Medio Rural, José González, quen aproveitou a súa recente estancia en Verducido para inspeccionar o novo pastizal creado nesa parroquia e desprazarse ata Xesta.

Segundo Canda e Carrera, a intención pasa pola construción dunha ponte de pequeño tamaño que permita o paso de vehículos agrícolas entre as dúas beiras do río Xesta-Oitavén, e que evitaría unha excesiva utilización do viaducto medieval de Liñares, que precisa dunha conservación patrimonial "importante na que en nada favorece o paso deste tipo de maquinaria". 

O conselleiro comprometeuse a estudar a proposta e a xestionar con outros departamentos da Administración autonómica o seu concurso para poder afrontar este proxecto, que deberá contar "co respaldo e a implicación veciñal das comunidades de montes de Verducido e Xesta para poder habilitar en condicións as respectivas pistas que favorezan a comunicación entre as parroquias". 

Comentarios