Os policía de Poio que foron sometidos ao test dan negativo en Covid-19

Un 75% dos axentes xa pasou a proba, que se realiza a todos os policías en concellos que subscribiron un acordo coa Fegamp
photo_camera Unha das axentes realizando o test. P.L. POIO

Non teñen nin tiveron coronavirus. Esa é a situación actual dun 75% do persoal da Policía Local de Poio, que esta semana se someteu ao test para detectar a enfermidade postos a disposición destes servizos municipais a través dun acordo entre o Concello e a Fegamp.

A edil de Seguridade Cidadá e responsable da comisión de coordinación creada para xestionar a pandemia, Marga Caldas, confirmou onte este dato e explicou que o outro 25 % do cadro de persoal policial aínda segue á espera do resultado ou pendente de realizar a proba, aínda que, de momento, considerou satisfactorios os resultados.

A Policía de Poio mantén, desde hai unha semana, un control máis intenso nas zonas sensibles do Concello para garantir o uso de máscara. En Combarro aplicouse a obrigatoriedade da protección sempre e impuxéronse sancións nas dúas últimas semanas para recordar a necesidade de cumprir con esta medida. Caldas que puntualizou que, tras un reconto que arroxaba unha cifra de preto de 25 sancións os primeiros días, non se realizou un novo repaso, subliñou, iso si, que "o que notamos é que despois de pór os mapas e reforzar a presenza se comezou a seguir a norma con máis conciencia. A maioría da xente chega e entra xa con máscara, sexan residentes ou visitantes e existe unha atención constante a este feito, posto que se trata dun lugar onde é imposible manter as distancias". Caldas constatou un aumento de visitantes nas últimas datas pero, de momento, non se recomendará evitar certas franxas horarias para manexar mellor as posibles masificacións.

Comentarios